galego






PROXECTO REDE XIANA



O CONCELLO DE MAZARICOS participa no proxecto RedeXiana2. O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

O proxecto inclúe un programa formativo que combina formación teórica con experiencia laboral en entidades e empresas da provincia de sectores económicos relacionados coa formación impartida.

Ademais ofrece orientación laboral para a inserción das persoas desempregadas e apoio na procura activa de emprego a través da titorización e seguimento persoal permanente. Este acompañamento persoalizado canalízase tamén a través do asesoramento especializado a persoas emprendedoras para a posta en marcha da súa idea empresarial.

Poderán acceder ao proceso de selección para participar no proxecto, as persoas desempregadas que estean empadroadas no concello e que cumpran os requisitos de acceso.

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a OBRADOIROS DE EMPREGABILIDADE, HABILIDADES SOCIAIS E COMUNICATIVAS, ALFABETIZACIóN INFORMáTICA-INTERNET, RESPONSABILIDADE SOCIAL, BUSCA DE EMPREGO E NOVAS TECNOLOXíAS, APOIO PREPARACIóN PARA AS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE que se desenvolverán no Concello de NEGREIRA e MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIóNS ELéCTRICAS DE BAíXA TENSIóN, OPERACIóNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIóNS ELECTROTéCNICAS E DE TELECOMUNICACIóN EN EDIFICIOS que se desenvolvera no Concello de MUROS

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de DESENVOLVEMENTO LOCAL do concello de MAZARICOS.

Prazo de Inscrición ata o día 3 de maio de 3013

Sitio web do proxecto http://www.redexiana2.eu/





Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.