galego






Benvida



Benvidos ao sitio web do Concello de Mazaricos. Quero, a través destas páxinas, presentarvos diversos aspectos da vida deste concello: historia, cultura, gastronomía, negocios; e esta pretensión fágoa cun dobre obxectivo. Por unha banda, incorporarnos ás novas vías de coñecemento a través dos chamados "e-contents" e, por otra, acercar a Administración aos cidadáns creando novas vías de intercomunicación.

Espero dende aquí chegar ao agricultor, ao estudante, ao empresario, ao emigrante e a todos os seus descendentes e, en definitiva, a todo aquel que teña un vínculo con Mazaricos. Teño a certeza de que esta iniciativa será unha boa referencia que redundará no benestar social e posibilitará incrementos nas relacións sociais e económicas.

Somos un Concello rural e como tal, o alonxamento e a distancia dos centros de decisión e dos núcleos urbáns dificulta o acceso á información e ao establecemento de lazos comerciais. Sen embargo, a nosa actitude de tolerancia, apertura e aprecio pola innovación permítenos afrontar situacións de cambio continuo como as que nos tocou vivir. Por eso recibimos con agrado o reto das novas tecnoloxías, entre elas Internet, conscentes do seu potencial como caudal de información e, principalmente, como ferramenta útil de comunicación, convivencia e incremento das relacións humanas.

Confío pois que esta visita "virtual" sexa para o viaxeiro só o prólogo dunha futura aproximación real. Teña por seguro o "navegante" que será benvido e ben atendido.



Juan José Blanco Riveiro




Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.