galego






Festas e feiras



A feira da Picota celébrase o sábado anterior ao segundo domingo do mes e o cuarto sábado de cada mes. Foi instaurada no ano 1934 e tivo una grande dinamismo social capaz de formar ao seu arredor unha vila que hoxe é a capital minicipal.

Entre as festas patronais teñen sona as de San Xoán de Mazaricos, San Cristovo de Corzón, Santa Mariña das Maroñas, Santiago de Arcos, San Fins de Eirón, San Salvador de Colúns e San Cosme de Antes.

Son tamén abundantes as romarías tradicionais: O Anxo da Garda en Vilar de Coiro, a virxe do Carme en Mazaricos, a Virxindón en Quintáns, o Socorro de San Fins de Eirón, o Sacramento dos Vaos e o Rubín de San Cosme de Antes. Dentro destas romarías destacan  a Romaxe ou Virxe do Monte (Coiro).

Mención especial merecen as festas de novo cuño, como son A FESTA DA FERVENZA e A FESTA DO BOLO DO POTE.

A FESTA DO BOLO DO POTE ten lugar na Picota no mes de marzo, e ten como obxecto o producto culinario que lle da nome e que, conxuntamente co cocido que o complementa, convoca na capital municipal a unha multitude desexosa de recuperar sabores esquecidos ou nunca coñecidos.

A FESTA DA FERVENZA naceu no ano 1992 en Antes; o lugar onde se fai a festa é unha enorme insua asolagada casa todo o ano polo encoro da Fervenza e só visible nos meses de verán. Durante tres días (prinicipios do mes de agosto) desenvólvense toda unha serie de actividades lúdicas.

Axenda de festas:
  • 7 e 8 de xaneiro: San Xulián en Beba
  • 3 de febreiro: San Bras en Chacín
  • Domingo despois do entroido: Festa do Bolo do Pote na Picota
  • Domingo de Pascua: San Bieito en Mazaricos
  • Luns de Pascua: Santa Locaia en Chacín
  • 30 de maio: San Antón en Antes
  • 1º domingo de xuño: Anxo da Garda en Vilar (Coiro)
  • 13 de xuño: San Antón en Corzón
  • 24 e 25 de xuño: San Xoán en Mazaricos
  • 29 de xuño: San Pedro en Chacín
  • 10 e 11 de xullo: San Cristobo en Corzón
  • 3º domigo de xullo: Virxen do Carme en Mazaricos
  • 18 e 19 de xullo: Santa Mariña en Maroñas
  • 25 e 26 de xullo: Santiago en Arcos
  • 1 e 2 de agosto: San Fins en Eirón
  • 6 e 7 de agosto: San Salvador en Colúns
  • Fin de semana anterior ó 15 de agosto: Festa da Fervenza en Antes
  • 15 e 16 de agosto: Santa María en Coiro
  • 17 e 18 de agosto: San Mamede en Alborés
  • último domingo de agosto: Virxe do Socorro en Eirón
  • último domingo de agosto: Virxe do Monte na Romaxe (Coiro)
  • 7 e 8 de setembro: Virxe de Rubín, santos Pedro e Pablo en Antes
  • 8 de setembro: Virxindón en Quintáns (Corzón)
  • 3º domingo de setembro: Virxe das Dores en Colúns
  • 26 de setembro: San Cosme en Antes
  • 1º domingo de outubro: Sacramento en Os Vaos
  • 10 e 11 de decembro: Santa Olaia en Chacín
  • 21 e 22 de decembro: San Tomé en Os Vaos


    Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.