galego






Emprego e actividade



 A axencia de desenvovemento local é unha iniciativa municipal creada co obxectivo de facilita-lo desenvolvemento do contorno socioeconómico e a creación de emprego. O seu ámbito de actuación é exclusivamente municipal, dependendo orgánica e funcionalmente do propio Concello; carece de personalidade xurídica propia e está configurada como un servicio municipal. Na actualidade os costes de funcionamiento están cofinanciados pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego.

Os beneficiarios inmediatos da axencia son os novos emprendedores, empresarios, comerciantes, traballadores, desempregados e en xeral, aqueles que pretendan poñer en marcha ou ampliar calquera tipo de iniciativa empresarial. Os labores levados a cabo na A.D.L. son, entre otras, as seguintes:

    De cara á empresa

    - Información das axudas existentes.
    - Apoio ás PEMES locais a través da asociación de empresarios có obxectivo de mellora-la xestión dos seus respectivos negocios.
    - Cursos e seminarios sobre temas de interese, destinados a mellora- a formación e a reciclaxe dos traballadores.
    - Promove-la economía social e a inserción no mundo laboral, en especial dos grupos máis desfavorecidos (xóvenes, mulleres, parados de longa duración...), ou autoemprego e a creación de novas empresas.

    Polo que se refire ás novas iniciativas empresariais ténse en conta diferentes aspectos de traballo como poden ser:

    - Asesoramento ó emprendedor para a elaboración do Plan de Empresa que lle permita ter unha idea cuantificada da idea empresarial así como analiza-la viabilidade dos proxectos presentados para coñece-las súas posibilidades de éxito.

    - Contesta-las súas dúbidas sobre incentivos e axudas proporcionados pola Administración e outros organismos, asesorando sobre a vía de financiación máis idónea.

    Axudas e subvencións

    Son varias as axudas e subvencións que se poden tramitar a través da Axencia de Desenvolvemento Local, a maioría de carácter anual, con unha renovación ano tras ano e outras como os programas europeos (p.e. Leader ) con contidos que van máis alá do ano natural. Poderiamos destacar a modo de esquema:

    - Axudas da Consellería de Familia tanto para a contratación como para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

    - Financiación concertada a través do Igape.

    - Programas europeos. Programa Leader

    - Axudas para a modernización do pequeno comercio

    - Axudas para a protección do medio.
O servizo de desenvolvemento local do Concello de Mazaricos participou na organización do Congreso MODELO de desenvolvemento local que tivo lugar na primaveira do ano 2011. Ver cartel e sitio web

icono


Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.