galego






Servizos Sociais



No departamento de servizos sociais tramítanse os seguintes programas:
PROGRAMAS:

    Programa de axuda no fogar e apoio á unidade convivencial:

    Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se encontren en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotidianas.

    Alonxamento alternativo:

    Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: ingreso en residencias, acollida familiar,....

    Prevención e inserción social:

    Proceso de intervención social que, co obxectivo último de mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á xénese de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou agravamento. Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa.

    Programa de alcolismo

    Proxecto de prevención e tratamento do alcolismo, que consiste nunha sesión mensual de cada beneficiario cun psicólogo clínico especializado no tema, contando coa colaboración dos médicos de atención primaria.

    Programa de educación familiar

    Consiste na intervención en familias en situacións de risco, de marxinación social, co obxecto de facilita-la adquisición de habilidades de atención, coidado e educación necesarias para o adecuado desenvolvemento dos menores (pautas de alimentación, hixiene, educativas, habilidades sociais, etc...) e a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.

    Ademais, durante o curso escolar estase realizando nestes últimos anos una ESCOLA DE PAIS E NAIS dirixida fundamentalmente ós pais e nais de alumnos dos tres centros escolares do municipio na que se traballan temas relativos á educación, como por exemplo: os hábitos de estudio, os problemas de conducta, a agresividade, a influencia da televisión, a autoestima, etc.

    Atención e tratamento a familias multiproblemáticas

    Equipo formado por un psicólogo, un auxiliar administrativo e dúas traballadoras familiares, que apoiando o programa de educación familiar, se ocupan sobre todo daquellas familias multiproblemáticas.

    Programa de logopedia

    Consiste na prestación de servicios de logopedia e psicomotricidade a nenos con necesidades educativas especiais.

    Animación sociocultural

    Realización de diversas actividades dirixidas a toda a poboación, pero en especial a aqueles colectivos máis desfavorecidos como as persoas maiores e discapacitados: excursións culturais, ximnasia de mantemento, pintura en tela, manualidades, campamento urbano, actividades especiais no Nadal, etc...

    Reparto de alimentos da Cruz Vermella Española

    Nos meses de abril e outubro lévase a cabo o reparto de alimentos da Cruz Vermella Española, procedentes dos excedentes da comunidade europea, que se reparten entre aquelas persoas e/ou familias máis necesitadas do municipio.

    Programa de información, orientación e asesoramento:

    Facilitar ó cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso ós recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garanta unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servicios sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,....Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:

    Pensións non contributivas: documentación.

    DNI e NIF de tódolos convivintes
    cartilla da seguridade social do solicitante
    Nº de conta bancaria
    declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.

    Prestación familiar por fillo/a a cargo.

    DNI e NIF dos pais e dos fillos maiores de 16 anos
    libro de familia
    Nº de conta bancaria
    cartilla da seguridade social
    declaración do I.R.P.F. do último exercicio ou xustificantes de ingresos
    calificación de minusvalidez, no seu caso.

    Prestación ortoprotésica

    DNI e NIF do solicitante e de beneficiario
    cartilla da seguridade social
    informe médico
    factura

    Título de familia numerosa:

    DNI dos pais
    libro de familia
    Dúas fotos de toda a familia
    para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.

    Renovación do título de familia numerosa.

    DNI dos pais
    libro de familia
    para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.

    Axudas á escolarización:

    DNI do solicitante.
    Libro de familia.
    Declaración do I.R.P.F. do último exercicio, ou xustificantes de ingresos de tódolos membros da unidad familiar.
    Certificación bancaria.
    Factura detallada dos libros comprados.

    Axudas non periódicas para discapacitados/as e persoas maiores.

    DNI do solicitante
    Orzamento desagregado do gasto a realizar
    Certificación de convivencia
    Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
    Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidad familiar.

    Recoñecemento da condición de minusvalidez

    DNI
    Documento de asistencia sanitaria
    Informes médicos actualizados.

    Termalismo social

    DNI
    Documento de asistencia sanitaria
    Informe médico

    Turismo social

    DNI
    Documento de asistencia sanitaria
    Informe médico
    Certificación da pensión que percibe.
    Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.

    Vacacións para maiores

    DNI
    Documento de asistencia sanitaria.

    Inclusión como beneficiario/a en asistencia sanitaria

    DNI do titular e dos beneficiarios a incluír
    Libro de familia ou documentos que xustifiquen o parentesco.
    Documento de asistencia sanitaria do titular.
    Certificación de convivencia.

    Asistencia sanitaria a persoas sen recursos

    DNI
    Solicitude de Nº de afiliación á seguridade social
    Fotocopia da cartilla da seguridad social, no caso de tela con anterioridade.
    Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
    Certificación de empadroamento e convivencia
    Libro de familia, no seu caso.

    Teleasistencia domiciliaria

    DNI
    Cartilla de Seguridade Social.

    Abono social de Telefónica

    DNI
    Certificación da pensión.
    Certificación de convivencia.
    Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.

    Servizo de axuda no fogar

    DNI
    Libro de familia, no seu caso.
    Cartilla da seguridade social.
    Informes médicos
    Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda
    Certificación de pensións
    Certificación do rendemento do capital mobiliario.
    Xustificantes doutros ingresos.

    Acollemento familiar para maiores e discapacitados

    DNI
    Cartilla da seguridade social
    Nº de conta bancaria
    Informe médico do acollido e dos acolledores
    Calificación de minusvalidez.
    Xustificantes de ingresos.

    Renda de integración social de Galicia (RISGA)

    DNI
    Libro de familia.
    Calificación de minusvalidez, no seu caso.
    Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de naturaleza urbana
    Xustificación, no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.
    Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda.


Para calquera consulta:
E-mail:servizos.sociais@mazaricos.dicoruna.es


Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.