galego






Administración



Servizo atención ao público
REXISTRO DE ENTRADA E SAíDA de documentos

PADRóN MUNICIPAL DE HABITANTES

    1. SOLICITUDE DE EMPADROAMENTO. Existen dous tipos de solicitude de empadroamento dependendo do lugar onde figure empadroado/a anteriormente o/a solicitante.

    Se figura empadroado/a en cualquera outro concello do Estado Español debe de acompañar o modelo de solicitude, no que apareza a sinatura dun dos membros da unidade familiar que o/a autorice a empadroarse nesa vivenda, e o DNI e o nome do concello no que figura empadroado/a.

    Se figura empadroado/a no extranxeiro Alta de Padrón, debe acompañar o modelo de SOLICITUDE no que apareza a sinatura dun dos membros da unidade familiar que o autorice a empadroarse nesa vivenda, fotocopia do DNI ou pasaporte. Tamén é convinte acompañar a baixa consular.

    2. SOLICITUDE DE CAMBIO DE DOMICILIO NO PADRóN. Para realizar este trámite debe presentaro modelo de solicitude no que se relacione a vivenda na que figure actualmente e a vivenda na que se quere empadroar. Nese modelo debe aparecer a sinatrua dun dos membros da unidade familiar que o/a autorice a empadroarse nesa vivenda.

    3. SOLICITUDE DE CAMBIO DE DATOS PERSOAIS NO PADRóN. Debe presentar a solicitude debidamente cuberta na que debe figurar o dato errado e o dato correcto. O/A interesado/a acompañará ademáis a documentación xustificativa do dato ou datos que se pretendan modificar.

CENSO ELECTORAL

    MODIFICACóNS NO CENSO ELECTORAL. Será preciso únicamente achegar unha copia do DNI, asinar un modelo normalizado que está á súa disposición no Concello

    SOLICITUDE DE LICENZA PARA FESTAS POPULARES. xunto coa solicitude de licenza debe presentarse unha copia do recibo da Sociedad General de Autores, documentos acreditativos dos pagamentos á Seguridad Social e unha fotocopia do DNI da persoa que formule a solicitude.

    SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA. No caso dunha obra maior é necesario presentar unha instancia xunto cun proxecto técnico. Se se tratase dunha obra menor á instancia achegaráselle o croquis e orzamento da obra.

    PETICIóN DE CERTIFICACIóNS E INFORMES DA ALCALDíA. Realizarase unha petición por escrito, indicando claramente o tipo de certificación ou informe da alcaldía que se solicita.

    SOLICITUDE de cambio de titularidade da Licenza de Apertura.

    MODELO DE AUTORIZACIóN A TERCEIROS PARA A RECOLLIDA DE DOCUMENTOS
    Para todos os documentos: só se entregarán os documentos ao propio interesado/a ou a cualquera persoa que acredite mediante unha autorización a vontade do solicitante.


Concello de Mazaricos, 2008 - 2012.