|
Benvida
Benvidos ao sitio web do Concello de Mazaricos. Quero, a
través destas páxinas, presentarvos diversos aspectos da vida deste concello:
historia, cultura, gastronomía, negocios; e esta pretensión fágoa cun dobre
obxectivo. Por unha banda, incorporarnos ás novas vías de coñecemento a través
dos chamados "e-contents" e, por otra, acercar a Administración aos cidadáns
creando novas vías de intercomunicación.
Espero dende aquí chegar ao
agricultor, ao estudante, ao empresario, ao emigrante e a todos os seus
descendentes e, en definitiva, a todo aquel que teña un vínculo con Mazaricos.
Teño a certeza de que esta iniciativa será unha boa referencia que redundará no
benestar social e posibilitará incrementos nas relacións sociais e económicas.
Somos un Concello rural e como tal, o alonxamento e a distancia dos
centros de decisión e dos núcleos urbáns dificulta o acceso á información e ao
establecemento de lazos comerciais. Sen embargo, a nosa actitude de tolerancia,
apertura e aprecio pola innovación permítenos afrontar situacións de cambio
continuo como as que nos tocou vivir. Por eso recibimos con agrado o reto das
novas tecnoloxías, entre elas Internet, conscentes do seu potencial como caudal
de información e, principalmente, como ferramenta útil de comunicación,
convivencia e incremento das relacións humanas.
Confío pois que esta
visita "virtual" sexa para o viaxeiro só o prólogo dunha futura aproximación
real. Teña por seguro o "navegante" que será benvido e ben atendido.

José Manuel Santos Maneiro
|