Mazaricos Servicios
en liña
ÍNDICE DE MODELOS DE DOCUMENTOS
Dende esta páxina pode realiza-las súas peticións
ó Concello. Atopará nela unha serie de modelos de formularios que
fan referencia ós trámites que se pueden xestionar directamente dende
o noso sitio web.
Escolla o modelo que se adapta ás súas necesidades. Ó facer clic nun modelo seleccionado abriráselle un formulario,
cúbrao e envíeo.
Ó ser enviado procederase a expedi-la certificación ou
a atende-la petición. Tanto a certificación como as peticións deben ser retiradas
no Concello acreditándose como titular ou co Modelo de
Autorización a Terceiros para a recollida de documentos debidamente
asinado polo interesado.
O Modelo de Autorización a Terceiros para a recollida de documentos, pode ser baiado do web e imprimirse, para posteriormente ser
asinado polo interesado.
Se vostede ten correo electrónico e nolo comunica
o Concello avisarao cando a certificación estea lista enviándolle un correo
ó enderezo electrónico por vostede indicado ou a través
do teléfono sa así nolo indica.
Sei desexa trae-lo modelo cuberto e presentalo directamente no Concello,
o documento descargado deste sitio web é válido.
|